ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A mesa de contratación do campo de fútbol de cesped artificial de Maniños reuniráse de novo o vindeiro luns. Abrirá o sobre B coa documentación técnica das vintesete empresas que concurren a esta contratación. Unha vez comprobadas as características do cesped artificial proposto, requeriráse un informe do comité de expertos formado polo técnico do Concello de Ferrol Felipe Cotovade e os técnicos da Deputaci&oacu
Despois convocaráse unha nova reunión da mesa para a apertura do sobre C, onde se incluen as ofertas económicas das empresas. Emitiráse acto seguido unha proposta de adxudicación.
O Cultural Maniños agarda unha rápida adxudicación para que a obra se poida realizar antes da chegada das choivas. Esperan utilizar o novo campo para adestramentos e partidos no prazo de tempo máis breve posible. Mentras non finaliza a instalación do cesped artificial, o Maniños debe compartir co Perlío o campo dos Pinares.