Metabolismo e obesidade

Metabolismo e obesidade
29 de Novembro, 2022 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Sulay Tovar Carro, investigadora do Ramón y Cajal e do CIMUS, é a próxima convidada ao ciclo Contando Ciencia, que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene. O programa, co que se pretende achegar a ciencia á poboación en xeral, desenvólvese na Casa da Cultura de Fene un xoves ao mes e sempre ás 19:30, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Nesta ocasión, o xoves 1 de decembro, Sulay Tovar falará sobre “Metabolismo, obesidade e outras cuestión”.

Doutora en bioloxía pola UDC, Sulay Tovar desenvolveu o seu labor investigador con estadías no Institute for Genetics. University of Cologne (Colonia, Germany); Genome Research Institute, Obesity Research Center University of Cincinatti (USA) e na Universidade de Córdoba. Ademais é membro da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición e da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición. É autora de numerosos artigos en revistas científicas e relatorios en congresos estatais e  internacionais. Premio Roche Farma 2005 e 2006; Premio Sergio Vidal 2006 e Premio de Investigacións da Academia Médico-Quirúxica.

Sociedade

Publica o teu comentario agora