ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O ferrolán Xelo Pardal, Marcelino Pardal Pouso permaneceu durante cinco anos no campo de exterminio de Mauthausen na Alemaña nazi. Xogaba nun equipo de fútbol formado polos republicanos presos e quizais iso salvouno da morte. Unha peripecia similar foi a do veciño de Barallobre en Fene Juan José Casal Chao "Chucho".
A comisión de festas da Parrocheira realizará no vindeiro mes de setembro unha lembranza a Pardal, que fora xogador do Racing de Ferrol. Os nazis formaron en Mauthausen un equipo de fútbol cos republicanos españois presos. Entre os xogadores, Xelo Pardal. Enfrontábanse a presos doutras nacionalidades e tamén a un equipo formado polos carcereiros.
Xelo xogaba no Racing de Ferrol en 1936 pero o golpe de estado truncou unha prometedora carreira futbolística. Naceu na rúa da Estrela de Ferrol en 1917. Foi chamado a filas polos golpistas pero cambiou de bando e defendeu a República na batalla do Ebro. En Francia foi apreixado polas tropas de Hitler que o internaron en Mauthausen. Faleceu en maio de 2009 na localidade francesa de Béziers.
Publica o teu comentario agora