Meu querido mes de agosto

Meu querido mes de agosto

02 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A música para unha grande minoría. Ese é un dos menús que se preparan no Felipop 2014, festival de música independente, que cumpre dezaseis anos. Cobran entrada e traen a Limodre (Fene A Coruña) a algúns dos máis vellos rockeiros dos sesenta, misturados con diamantes en bruto do indie máis psicodélico. É unha das citas atractivas deste meu querido mes de agosto.

Felipop 2014. Dezaseis anos de festival en Limodre (A Coruña). Este ano celébrase no parque da Hortiña o 7, 8 e 9 de agosto. O primeiro día con mexilonada e entrada gratuíta para ver aos coruñeses Hound Dogs e Combo Dinamo. Mentres o venres e sabado o prezo é o mesmo de hai dez anos. 15 € función ou 20 € o bono para os dous días. Un total de dez grupos distribuídos en tres xornadas. A estrela será este ano o inglés, Peter Perrett que actúa o sabado no festival pero quedará ata o domingo para ofrecer un concerto acústico en Casa Ardá.

Os amigos dos músicos (Ourense) abren o cartel do venres 8 de agosto na Hortiña. Detrás chegará Caravana de Madrid. O grupo londinense Strangefruit subirá ao escenario en terceiro lugar e, para pechar cartel os vascos de Bilbo “The Cherry Boppers”

O sabado 9 de agosto, último dia do festival, suben ao escenario do Felipop, The Dealers (Victoria), o norteamericano Kurt Baker e Peralta de Xixón. Pechará Peter Perrett. O sabado a Hortiña acollerá a sesión vermout.

Luís Iñíguez, da Asociación Felicia, refírese ao Felipop como un festival singular, único, que se fai grazas á xenerosidade da xente moi respetada no mundo da música. Hai que ter en conta que se fai en Limodre, un lugar que non chega aos cincocentos habitantes.

O orzamento do Felipop é enorme se temos en conta o esforzo que hai que facer e a escasa subvención que recibe, mais resulta pequeno se o comparamos con calquera orquestra que ven ás festas do verán. Unha orquestra custa o triplo que todo o Felipop. O campo de fútbol de Limodre, con duchas e todo, servirá de lugar de acampada.

Sociedade