ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando o gato mexa ou caga fora do penico temos un lío. Un problema no areeiro é a causa máis común do descontrol dos excrementos dos gatos. Aínda que tamén poida deberse a un problema de saúde, a maioría das veces o motivo está no areeiro, sinala a veterinaria etóloga Noemí Graña, que tamén deu consellos en Radio Animal para reforzar vínculos e actuar coas pulgas.
“No seu tamaño, colocación ou falta de limpeza”. O areeiro debe ter o tamaño dun gato máis medio gato, lembra Noemí Graña. Se hai varios gatos cada un debe ter o seu e non poden estar xuntos. E hai que limpalo con frecuencia. Retirar restos fecais e ouriños todos os días, incluso mañá e noite e cada semana ou quince días cambiar a area totalmente. Para a limpeza aconsella usar deterxentes enzimáticos. E secar ao aire. “Dar agarimo e facer cousas que nos gusten aos dous”, recomenda Noemí para reforzar o vínculo co noso gato. Tamén avisou de que a prevención é o único remedio contra as pulgas que pode coller a mascota. “Hai produtos cada vez máis eficaces e seguros”, sinalou.
Publica o teu comentario agora