Miña terra galega

Miña terra galega
09 de Febreiro, 2021 - 01:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Fene na memoria" deixounos unha nova entrega esta semana coa participación de Carlos Seco. Trátase dun programa radiofónico alternativo do programa municipal Tardes Activas dos SS SS, en tempos de coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:

Carlos Seco foi o convidado no programa Fene na memoria desta semana. Recibiu un notable, camiño de sobresaínte, por superar as probas que o psicólogo Jaime Lendoiro lle propuxo; adiviñar a canción “Si tu me dices ven” de Los Panchos. Máis complexo foi “Miña terra galega” de Siniestro total porque, como explicou, esa etapa musical pillouno criando os fillos. Acertou as definicións das palabras: narigudo, coñecido, piloto, Ourense, quieto e rachar,  que salvou sen dificultade. Como Carlos Seco é natural de Maniños, recreounos as vistas desde o camiño do Vaqueiro e falou dos recordos do campo e da romaría do Pote como unha unha festa das merendas e das cabanas feitas con xestas e dos xogos populares.

Pendente queda como reto para facer na casa esta semana, escribir un microrrelato que empece por esta frase: "Este maldito virus non se acaba de ir”. Os participantes deben entregalo presencialmente nos Servicios Sociais municipais en San Valentín ou envialo ao correo: servicios.sociais@fene.gal.

 

(Na imaxe, campo da festa de Maniños. Verán 2028)

Institucional

Publica o teu comentario agora