ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Astano foi a miña universidade”, afirma Xaquín Marín. O seu fillo, Alexandre, ven de publicar un libro que recolle obras e experiencias do creador do Museo do Humor de Fene. Poderemos escoitalos este mércores no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.
O Museo do Humor de Fene inaugurado o 25 de novembro de 1984 e que leva o nome de Xaquín Marín dende 2022 ocupa un espazo especial nestas páxinas e tamén na vida do propio artista. Considerado como un dos pais do cómic en galego, comezou a súa vida profesional en Astano, unha época da que garda grandes recordos. “Eu non fun á universidade. Estabamos agardando aos catorce anos para entrar en Astano. Cando empecei estaba un pouco estraño pero logo fun meténdome no asunto. En Astano aprendín a ser obreiro e compañeiro. Incluso tamén a ser artista, porque tiven tempo”.
Fotografía: Xan Xe.
Na imaxe, Xaquín Marín nos estudos de Radio Fene.
Publica o teu comentario agora