Miañar de máis

Noemí responde
10 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Os gatos falan coas persoas, non con outros gatos. Os siameses comunican moitísimo vocalmente”, conta Noemí Graña. A veterinaria etóloga respondeu en Radio Animal á consulta da propietaria dun gato que se queixa de que a súa mascota miaña moito.

ESCOITA O PODCAST:

“Os gatos teñen un repertorio de vocalizacións que foron desenvolvendo coa domesticación”, explica Noemí. “Chámanse vocalizacións instrumentais, porque ao gato sérvelle para algo, o gato miaña, ela faille caso e así aprende que se miaña fanlle caso”. Para intentar reducir a demanda de atención, unha das pautas é marchar cando o gato miaña, para romper “un circulo vicioso”. Iso acompañado doutras medidas como un bo enriquecemento ambiental. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora