ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai tempo aínda de escribir. Os alumnos e alumnas do último ciclo de primaria e de toda a secundaria e bachelerato ou ciclos, poderán participar na creación de relatos de menos de 150 palabras que teñan a Fene como temática.Con motivo da vindeira celebración do Día das Letras 2009, os Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino de Fene, coa coordinación da Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene, convocan un concurso de Microrrelatos. Poderá participar todo o alumnado matriculado nalgún dos centros educativos do concello de Fene.Os/as paticipantes deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega que non poderá sobrepasar as 150 palabras e que deberá comezar polo texto seguinte: Fene, ao fin.O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase interna os traballos elaborados serán entregados ao profesorado encargado deste concurso en cada centro educativo, e será o propio centro quen decida a composición do xurado. Para a fase interescolar, os traballos seleccionados (máximo dous por categoría) deberán entregarse acompañados dun sobre pechado, que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.Establécense catro categorías:A- 5º e 6º de Primaria.B- 1º e 2º de ESO.C- 3º e 4º de ESO.D- Bacharelato e Ciclos.O Xurado estará composto por unha comisión formada por dous membros de cada centro escolar (un profesor/a e un alumno/a) e un representante do Concello. Establécense os premios seguintes:• 5º e 6º de Primaria: NINTENDO DS• 1º e 2º de ESO: NINTENDO DS• 3º e 4º de ESO: ORDENADOR PORTÁTIL• Bacharelato e Ciclos: ORDENADOR PORTÁTIL
O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o xoves 30 de abril na fase interna e o 13 de maio para a fase intercentros. O resultado daráse a coñecer por parte do Concello a todos os centros de ensino participantes.