Miguel Cortizo reclama do Tribunal Constitucional que garanta a suspensión da aplicación do catálogo priorizado de fármacos

Miguel Cortizo reclama do Tribunal Constitucional que garanta a suspensión da aplicación do catálogo priorizado de fármacos

10 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Goberno da Xunta está a comete unha "fraude de lei" e ademais presume de facelo. A acusación formulouna o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, que vén de remitir unha carta á Avogacía do Estado para que inste ao Tribunal Constitucional a comprobar se o Executivo autonómico está a cumprir coa resolución da Xustiza que suspendeu hai meses a aplicación do catálogo priorizado de fármacos

Cortizo apoia a reclamación nas manifestacións feitas nas últimas semanas tanto polo presidente Alberto Núñez Feijóo, como pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, oufanándose de que "malia estar suspendida a norma, os profesionais a aplican responsablemente". O Delegado demanda do Alto Tribunal que "adopte as medidas necesarias" para garantir o cumprimento das súas decisións.

Cómpre lembrar que o Tribunal Constitucional actuou a instancias do Goberno central, que litiga contra norma autonómica ao entender que invade as competencias do Estado e racha co principio de igualdade, ao limitar en Galicia o acceso a medicamentos que figuran no nomenclátor común a todas as autonomías. Porén, a Xunta defende que sufragando só os medicamentos xenéricos ou os máis baratos de cada principio activo, lógrase un aforro millonario ao mes.

Miguel Cortizo denunciou ademais esta mañá que se está a haber médicos que seguen a receitar consonte ao catálogo suspendido é porque a Xunta exerce medidas coercitivas sobre eles. Por exemplo, as prescricións que figuran fóra do catálogo teríanse que facer manualmente e non a través do sistema informatizado de receita. Indo máis aló, a Consellaría de Sanidade lles estaría a retirar complementos de produtividade a aqueles facultativos que prescriben sen atender á priorización, asegurou Cortizo.

Institucional