ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O xoves da vindeira semana comezan as festas de verán no Concello de Narón. Miguel Ríos e Celtas Cortos serán os principais atractivos duns festexos que este ano rematarán o domingo 19 de xullo cun festival folk.
O xoves 16 de xullo, ás dez e media da noite, o pregón dará o pistoletazo de saída ás festas de Narón. Este ano José Luis López Prieto, dramaturgo e actor, e Iolanda Muíños, actriz, serán os encargados de ler ese pregón que dará comezo ás festas. Acto seguido, os naronenses e todos aqueles que se acheguen ao paseo marítimo de Xuvia desfrutarán da música en directo de Celtas Cortos e da orquesta La Oca.
Miguel Ríos chegará a Narón na noite do venres 17 de xullo. Este concerto está incluido dentro da súa xira que lle servirá para despedirse dos escenarios e que se prolongará durante dous anos. Como de costume, o sábado 18 celebrarase o Festival Internacional de Folclore. Este ano no festival, que conta a súa décimo novena edición participarán grupos de Rusia, Brasil, Polonia, Arxentina, Portugal e España. Despois do festival e na medianoite, haberá un espectáculo de fogos artificiais e a orquesta TVG amenizará a noite. O domingo 19 as festas rematarán coas actuacións do grupo de cantareiras Leilía e da gaiteira Susana Seivane. Os máis pequenos poderán entreterse cos obradoiros, ludoteca e xogos populares que se levarán a cabo entre os días dezasete e dezanove en Xuvia. As festas deste ano contan cun orzamento menor con respecto ás do ano pasado, pero iso non será un impedimento para que a xente desfrute con bos cantantes e bos grupos de música.