Mil números de Nós Diario

Mil números de Nós Diario
09 de Novembro, 2023 - 12:16 h. | Publicada por Radio Fene

“Segue a ser necesario un periódico en galego”. Mil números despois mantéñense as premisas coas que naceu Nós Diario, afirma en Radio Fene Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Nós Diario. Este sábado, día 11, sae o número 1.000 do único xornal en papel editado en galego. A sociedade cultural Medulio súmase á conmemoración coa celebración dun encontro este xoves, 9 de novembro, en Ferrol.

ESCOITA O PODCAST:

“Nós Diario segue a ser a única cabeceira en papel que se edita unicamente en galego fronte a doce ou trece en castelán”, lembra Costa. “É necesario un periódico diario en galego, é posible -como estamos demostrando- e depende só de nós, das persoas que o apoian”. Esas foron as premisas que motivaron, en 2017, o lanzamento do xornal e seguen vixentes “para continuar outros mil máis”. Nós Diario é importante para a lingua. “Unha importancia total” Mil números despois, Nós Diario chega aos fogares galegos ofrecendo unha particular ao que sucede no mundo e salvando os atrancos que poñen poderes descontentos cos medios de comunicación que non seguen o seu ditado.

Celebración dos 1.000 números de Nós Diario este xoves en Ferrol. Por iniciativa da sociedade cultural Medulio. Acto aberto tanto a subscritores como a non subscritores. Terá lugar ás sete e media da tarde, no salón de actos do Antigo Hospicio. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora