Militancia responsable

Militancia responsable
08 de Maio, 2025 - 06:36 h. | Publicada por Radio Fene

“Escoitaremos á militancia e adoptaremos unha decisión”. Joaquín Ayala, voceiro socialista no Concello de Fene non desvela de momento as súas cartas nunha entrevista en Radio Fene na que tamén falou dos Orzamentos municipais.

ESCOITA O PODCAST:

“A militancia socialista é moi responsable”, destaca Joaquín Ayala. En xuño de 2023 o PSOE facilitou coa súa abstención a elección de Juventino Trigo como alcalde de Fene. Está por ver se fará o mesmo o venres da semana que vén coa candidatura de Sandra Permui. Os votos socialistas son decisivos porque o BNG é o grupo máis votado, pero non ten maioría absoluta na Corporación. Salvo un improbable acordo entre o PSOE e o PP, sairá elixida a candidata do BNG.. Ayala  expresa respecto pola decisión tomada por Juventino Trigo, renuncia que non lle sorprendeu e anuncia  para o xoves que vén unha asemblea extraordinaria do seu partido para decidir o voto do seu partido no Pleno municipal que elixira ao día seguinte á persoa que substituirá a Juventino Trigo.

Institucional

Publica o teu comentario agora