A Milla de Fene

A Milla de Fene
02 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Abertas as inscricións para a Terceira Milla Interxeracional do Concello de Fene que se celebra o domingo. Desde hoxe, ademais, ábrese o prazo para cursos de verán que organiza a concellería de Deportes. Detalles na conversa que mantivemos coa concelleira Alba García. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“A Milla sempre é un éxito”, di a concelleira de Deportes que agarda moita participación nesta Terceira Milla interxeracional do Concello de Fene. Domingo sete de xuño ás once da mañá na avenida do Mar de San Valentín. Inscricións abertas. A distancia nas categorías escolares vai de 50 a 400 metros. Calcúlase que a entrega de trofeos será sobre as 13 horas. A retirada de dorsais pode facerse o venres de 16 a 22h ou o sábado de 10.30 a 13.30 no Pavillón e o propio domingo na saída das carreiras.

Actividade no verán

A Concellería de Deportes tamén abre este martes as inscricións  para varios cursos de verán.  Bautismos de mergullo infantil e para persoas adultas e ximnasia de mantemento ao aire libre son as actividades que organiza a Concellería de Deportes para este verán que precisan inscrición previa, xunto co Campamento Deportivo (para o que abrirá o prazo o vindeiro 15 de xuño). As persoas interesadas en anotarse a calquera destas tres actividades poderán facelo no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene) de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. No caso dos bautismos de mergullo, as inscricións deberán facerse presencialmente, sen necesidade de solicitar cita previa. Pero, no caso da ximnasia, poderán anotarse por teléfono (981 34 03 66). Todas elas son actividades con límite de prazas.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora