Milleiros de persoas esperanse no Cocido LGBT en Lalín

Milleiros de persoas esperanse no Cocido LGBT en Lalín

20 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Visibilizar a unhas persoas "que tiveron conculcados os seus dereitos", promocionar a imaxe do municipio e servir de elemento dinamizador para a hostalaría e restauración. Eses son os obxectivos desa xornada adicada aos colectivos de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais dentro dos actos do Mes do Cocido no Concello de Lalín.

O denominado “Cocido Gai” terá lugar o sábado 14 de febreiro e para participar na xornada o Concello de Lalín está a recibir chamadas de toda a península, segundo asegura o alcalde Rafael Cuiña. Entre as actividades previstas está un “Cocido solidario” onde pagarán todos os convidados. A recadación entregaráse a asociacións de nenos e nenas con enfermedades especiais. Ademais unha aldea de Lalín recibirá o galardón á “Aldea singular” iniciativa coa que se pretende poñer en valor o mundo rural, “que a xente se sinta cómoda e saiba que vive nun entorno privilexiado”.

Sociedade