ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O parque da Hortiña de Limodre inaugurouse en decembro de 1998. A Escola Obradoiro encargouse do acondicionamento da zona verde e tamén da preparación do palco. O palco de Limodre, un dos tres que continúan en servizo no Concello de Fene.

A Escola Obradoiro púxose en marcha en Fene en 1992. Permitía a formación ocupacional de xoves desempregados. Durante tres anos aprendían unha profesión, colaboraban en obras de interese social e recibían unha contra prestación económica. Os palcos de música en Galicia son símbolos de festa e memoria de milleiros de relatos. No concello de Fene só contan con palco na actualidade as parroquias de Maniños, Barallobre e Limodre. Aínda a dia de hoxe son símbolo inequívoco da vida en comunidade e testemuñas dos cambios na comarca. A súa presencia fíxose notable a partir da década de 1970 e ata os anos 2000, período no que se construíron a maioría destes peculiares escenarios en Galicia. O proxecto https://participa.palcos.gal/ pretende mapear, catalogar e documentar os palcos, sexan vivos, fósiles ou simplemente recordados.
Palco da Hortiña. Felicia pop en Limodre. 2024.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora