ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O recinto feiral de Mesón do Bento recibiu durante toda esta fin de semana a milleiros de visitantes que non se quixeron perder unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos organizada polo Concello de Ordes. Concretamente tratouse de dúas xornadas cheas de actividades con exposicións de gando de razas autóctonas, desfile e concurso de disfraces, concursos de cabalos, degustación de lacón con grelos, concentración moteira e verbenas para ameniz
As exposicións de gando tiveron o seu atractivo nas doce parellas de bois que se puideron ver no recinto, algo calificado como “extraordinario” polo concelleiro de Promoción Económica, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal, ademais das mostras doutras razas de gando autóctono como a limiana, vianesa e cachena, en perigo de extinción, sem olvidarse da rubia galega que tamén tivo o seu sitio no recinto.
Ademais na tarde do sábado o protagonismo tivérono os disfraces cun desfile e un concurso no que o Concello repartiu preto de 2.000 euros en premios dando así os últimos coletazos ao entroido.
A xornada grande dos festexos, a de hoxe domingo, contou cunha gran afluencia de público que puido disfrutar tanto das exposicións de gando como de maquinaria agrícola, da concentración cabalar con concursos en diferentes modalidades, da concentración moteira, da degustación gratuíta de lacón con grelos nos establecementos da zona, e finalmente dunha homenaxe que o Concello quixo facer ao presidente da Asociación Veciñal de Mesón do Bento, Ramiro Martínez García, que recibiu de mans do alcalde, Manuel Regos, unha placa conmemorativa deste día e demais agasallos.
Dende o goberno local calificaron esta nova edición da festa como de rotundo éxito, conseguindo que xa se teña consolidado dentro dos festexos do municipio, e que cada ano conte cun maior número de visitantes que se achegan ata Mesón do Bento.