A mina de Moeche

A mina de Moeche
27 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

En Moeche atopamos unha mina, a Mina Piquito II. Accedemos ás galerías da antiga explotación de material rico en cobre, que se mantivo aberta até case os anos 70 do século pasado. No interior observamos as vetas con presenza de cobre, orixinadas polos materiais emanados a máis de 300 graos centígrados por fumarolas volcánicas submarinas.

Fotografía: Cesar Galdo

Coñecemos o traballo na mina canod estaba aberta, grazas á memoria de Gerardo Dopico -Gerardo da Ribeira-, de 76 anos, que entrou traballar alí sendo un cativo de 15 anos, primeiro no lavado do mineral e logo na propia Mina Piquito II -tamén coñecida como Mina Santa Marta-, antes de emigrar a Francia. Tras máis de medio século abandonada, hoxe a mina é un espectácular espeleotema de estalactitas e estalagmitas azuis e marróns, ademais de mostrar acumulacións de xeso e xofre que semellan doutro planeta. Por este motivo, Mina Piquito está proposta para entrar no catálogo de novos Geosites -lugares dunha grande relevancia xeolóxica- do IGME.

 

Fotografía: César Galdo

Sociedade

Publica o teu comentario agora