ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Eche un cantar miudiño" cantaron ao unísono 34.000 voces no estadio de Riazor na Coruña. Celebraban así o retorno do Deportivo á Primeira División do fútbol. O conxunto herculino logrou a volta á máxima categoría tras vencer 2-1 nun sofrido partido ao Huesca.
O outro equipo galego, o Celta, ten todas as papeletas para acompañar ao Depor no ascenso tras o seu triunfo desta tarde fronte ao Nastic en Tarragona (1-2) e o empate (2-2) en Alcorcón do seu principal adversario, o Valladolid. Un empate na última xornada en Balaídos fronte ao Córdoba bastaría ao equipo vigués para volver a Primeira tras cinco anos de ausencia.