A mirada de Carvalho Calero

A mirada de Carvalho Calero
24 de Abril, 2019 - 11:14 h. | Publicada por Radio Fene

Ricardo Carvalho Calero é un dos intelectuais de maior relevo da Galicia do século XX. Somentes a súa monumental e precoz Historia da Literatura Galega xa merece un capítulo aparte. A iso súmase a súa obra narrativa, poética, ensaística e o seu firme compromiso coa cultura. A súa figura lembraráse en Ferrol ao longo do mes de maio, grazas á complicidade de distintas entidades.

ESCOITA O PODCAST:

O grupo O Faladoiro, a asociación Medulio, Ferrolterra Antiga, o Ateneo Ferrolán e Artabria colaboran na lembranza a Carvalho Calero

http://173.255.131.18/audio/240419CARVALHO.mp3

Xoan Padín, Loreto de Castro, Manuel Pita e Antonio Casal

O roteiro A mirada de Carvalho sairá da Praza Vella de Ferrol  o venres tres de maio ás seis da tarde. Os actos en lembranza do profesor prolongaránse o 10 de maio cando se celebrará unha protesta polo mal estado do Centro Cultural Carvalho Calero na Praza do Inferniño. As actividades concluirán o 31 de maio cun recital de poesía erótica no Ateneo Ferrolán.

Ricardo Carvalho Calero demostrou compromiso cos direitos colectivos do povo galego. Cultivador de poesía, teatro, romance e ensaio literario, filoloxico ou sociolingüístico, alem de brillante orador. Naceu  na rúa de San Francisco de Ferrol en 1910 e morreu en Compostela o 25 de marzo de 1990.  A obra de Carvalho Calero lembraráse no vindeiro mes de maio en Ferrol.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora