A mirada etnográfica de Ruth Anderson

A mirada etnográfica de Ruth Anderson

14 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Fundación Caixa Galicia da Coruña acolle ata o 28 de febreiro a exposicion de fotografias de Ruth M. Anderson, fotógrafa e etnógrafa dos Estados Unidos que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa súa cámara fotográfica. As imaxes ocupan as tres plantas da entidade no Cantón Grande da cidade herculina. Son só parte das 6.000 fotografias do Fondo Anderson da Hispanic Society of America en New York.

Segundo indica o portal www.culturagalega.org, numerosas persoas visitaron Galicia ao longo dos anos movidas por diversos intereses do acervo cultural galego. Na actualidade conservamos dalgúns dos visitantes máis metódicos e curiosos un extenso legado no que se recolle a súa particular visión, grazas á cal, temos a oportunidade de achegármonos máis ao lugar que habitamos. Agora na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña  ofrecemos esa oportunidade coa monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da  Hispanic Society of America en Nova York, que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa súa cámara fotográfica. A presente mostra, “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano”, comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan, exhibe o que o seu ollo viu a través do obxectivo. Estamos ante o maior arquivo fotográfico de Galicia, caracterizado pola súa gran calidade e pola vasta información que nos achega, tamén a nivel textual. Ata o 28 de febreiro somos espectadores da nosa propia historia, desde A Coruña.

Sociedade