ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Comezar setembro facendo algún aforro. 26 establecementos de Fene ofrecerán durante toda esta fin de semana unha chea de oportunidades para facerse con todo tipo de artigos a prezos imbatibles. Será unha edición do Outlet, organizado polo Concello de Fene, coa que se quere darlle saída ao stock estival e tamén axudar á reactivación económica de moitos dos pequenos negocios. O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de 10 a 14.00h e de 16.30 a 20.30h e o domingo entre as 10 e as 14.00h. No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.
Para comezar setembro con bo pé nada mellor que visitar o Outlet de Fene nesta fin de semana. Comeza este venres e rematará o domingo. Temos por diante tres días para beneficiarnos das ofertas e promocións que ofrecen os 26 negocios participantes na iniciativa. No listado predominan os comercios, de roupa, calzado ou alimentación, pero tamén hai establecementos hostaleiros e ata un negocio de ioga.
Publica o teu comentario agora