Mirar para arriba

Mirar para arriba
26 de Febreiro, 2024 - 08:31 h. | Publicada por Radio Fene

O fútbol e a clasificación invitan ao Cultural Maniños a mirar para arriba. Ocupa a segunda posición na Primeira Galicia de fútbol. Conta con 43 puntos empatado a puntos co terceiro, o Meicende, pero con catro de vantaxe con respecto ao cuarto, o Boimorto. Ainda quedan once partidos para o remate da Liga. Onte domingo o Maniños derrotou por 2-0 ao Meicende. "Marcamos os dous goles a balón parado e xa sabíamos que eles tiñan un pequeno deficit nesas xogadas" apunta o adestrador do Maniños Adrián Martínez.  

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:

http://173.255.131.18/audio/260224MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

"Tiven dúbidas no descanso para reforzar o centro do campo, pero ao final decidín manter o sistema de xogo e a aposta resultou" indica Martínez. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora