ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Miro Villar, coa súa obra As crebas resultou gañador do Concurso de Poesía Concello de Carral do presente ano. O xurado escolleu o libro de Villar entre as 46 obras presentadas ao certame. Salientou a súa mistura de clasicismo, culturalismo e compromiso social, o acerto co que integra as alusións mitolóxicas no discurso poético e o novidoso tratamento que fai da modernidade temática.
O xurado estivo formado polos poetas Eli Rios, Baldo Ramos e Tati Mancebo, baixo a presidencia da concelleira de Cultura María José García Fariña, e asistidos en calidade de secretario,, polo técnico de Cultura e coordinador do premio Carlos Lorenzo. O premio de Carral está dotado con 2000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior. O acto de entrega do premio terá lugar o 28 de maio, na Casa da Cultura de Carral.