Misión imposible

Misión imposible
21 de Xaneiro, 2019 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Desnaturalizar ao Perlío de Chechu Piñeiro está a resultar misión case imposible para calquera dos seus rivais no presente curso. Pero o San Sadurniño case o logrou onte nos Pinares. O gol, de Diego Calvo, non chegou ata o minuto 79.

ESCOITA O PODCAST:
Perlío 1 - 0 San Sadurniño. 20 de xaneiro de 2019

“O San Sadurniño púxonos as cousas moi dificiles” afirma o adestrador do equipo dos Pinares. O Perlío segue lider da Segunda Galicia de fútbol con 18 puntos. Lévalle catro de vantaxe ao segundo, o Valdoviño. A próxima xornada o Perlío visita ao Numancia de Ares. Será un partido dificil e complicado, no que teremos que pelexar moito, como na inmensa maioría desta Liga, afirma Piñeiro.

Deportes

Publica o teu comentario agora