Mitos actualizados

Banda deseñada
24 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Furiosa” e “Dioses del Olimpo” son dous recentes títulos de novela gráfica, orientada a público a partir de 14 anos, que presentou en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Furiosa” é unha obra inspirada no mito do Rei Arturo. Esa versión modernizada está protagonizada por unha rapaza, Ysa. “Vai contando a viaxe dende que encontra a espada, que fala e conta chistes, ata que chega a ser a raíña”. 

Na mitoloxía da antiga Grecia, explicada con humor, inspirase “Dioses del Olimpo”, un cómic creado polo equipo de Destripando la Historia, unha popular canle de Youtube. “Combina humor e mitoloxía para achegar as lendas dos deuses da antiga Grecia dun xeito desenfadado”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora