ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Los lobos del centeno. Titúlase así a novela do escritor Francisco Narla que se presenta esta tarde no Ateneo Ferrolán. O acto comezará ás oito do serán e completarase cun coloquio sobre “Mitos e lendas galegas” no que participarán, amais do autor, a escritora Ana Carracedo, o arqueólogo e historiador Andrés Pena, o tamén escritor Carlos solla e a historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel.
“Nun idílico e recóndito val da esquecida Galicia interior, no primeiro cuarto de século pasado, as lendas cobran vida (…). Lobisomes, meigas, a Santa Compaña…os delirios macabros e tenebristas das noites de pesadelo comezan a saír dos bosques agochados nas queixadas dunha besta sen corazón. Daí a dor e a desesperación dun home, o muiñeiro do lugar, que ao tempo que loita por esquecerse do seu pasado, debe gorecerse do inquedante presente”. Así comeza “Los lobos del centeno”, a primeira novela do escritor Francisco Narla, unha historia de terror cunha forte compoñente de misterio e pragada de referencias aos grandes mitos e lendas galegas.
Para o autor, “Los lobos del centeno” supón a súa primeira incursión no mundo da novela, logo de ter publicado anteriormente algo de poesía, algún relato e mesmo ensaios técnicos. En declaracións a Radiofusión, Francisco Narla asegurou que a obra que hoxe presenta en Ferrol comezou a tomar forma durante unha estadía, por motivos laborais, no deserto de Mojave (California).
Amais de presentar a súa novela, Franciso Narla participará esta tarde no Ateneo Ferrolán nun coloquio sobre mitos e lendas galegas no que se falará, entroutras cuestións, dos “mouros”, da mitoloxía celta, das lendas sobre as augas e os mares galegos e sobre a mitoloxía da fin do mundo.