Mitos fóra

Mitos fóra
22 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desmontou mitos sobre o comportamento canino esta semana a veterinaria etóloga Noemí Graña, en Radio Fene cada semana e nunha charla na que participou o venres en Cedeira.

ESCOITA O PODCAST:

“O noso can non quere dominarnos, temos moi mala influenza por programas de televisión que mostran un coñecemento sen base real e moitas técnicas que utilizan son maltrato”, destaca a especialista en comportamento animal. Participou na charla Cedeciencia, en Cedeira, xunto coa enxeñeira en tecnoloxía industrial Noemí Picos quen falou sobre o deseño de prótesis caninas

Formigas e xabaríns

Conversamos en Radio Animal con Noemí, tamén sobre o tráfico de animais, a raíz dun xuízo en Kenia contra dous homes acusados de traficar con formigas. E tamén lle pedimos opinión sobre que facer cos xabaríns, que se achegan con frecuencia a zonas urbanas, vense implicados en accidentes e causan danos nos cultivos. “Baixan buscar alimento e perderon o medo aos humanos, a recuperación da fauna silvestre vai da man da recuperación do seu entorno”, defende Noemí, contraria ás batidas para acabar con eles. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora