Mobilización na comarca de Ferrolterra en defensa do sector do carbón

Mobilización na comarca de Ferrolterra en defensa do sector do carbón

23 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O decreto do carbón conlevará máis crise á comarca que o sector naval, afirmou o secretario comarcal da CIG, Manuel Grandal. 1500 persoas veranse afectadas directamente e moitas máis indirectamente, como o transporte ou a hostalería, coa normativa a piques de aprobarse, sinalou. A Confederación Intersindical Galega chama á cidadanía para mobilizarse este sábado en contra do decreto. A manifestación sairá ás 11 da ma&n

A CIG amosa a súa oposición ao decreto, non só pola perda de traballo que implicaría senón tamén polo seu carácter discriminatorio coa nosa comarca con graves repercusións económicas para Ferrolterra.

A organización sindical demanda a paralización do decreto ou a súa reforma onde se teñan en contan as centrais do noso país. Segundo o sindicalista as centrais galegas investiron inxentes cantidades económicas para que agora, por culpa da actuación dos grupos políticos, queden paralizadas.

Sociedade