ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Centos de persoas, convocadas por UGT e CCOO, mobilizáronse hoxe en A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense e Pontevedra para reivindicar que a “Folga non é delito. Derrogación do art.315.3 do Código Penal”. En Vigo tamén está convocada unha co
As dúas centrais salientan que a folga é un dereito fundamental recoñecido en case todos os países do mundo pero en España estase restrinxindo o seu exercicio para, ao tempo, silenciar á cidadanía. Preténdese converter o conflito social nun problema de orde pública, camiñando cara un Estado de carácter policial.
Xa se criminalizaron as actuacións de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores, aseguran. En Galicia, Carlos e Serafín, con penas de prisión de tres anos, aínda están á espera de que se lles de resposta ás peticións de indulto. Mentres tanto, continúan as mobilizacións na súa defensa. Tamén están os cinco traballadores de Arcelor, en Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía pide en total 66 anos e cárcere.
Din Comisións e UGT que o marcado carácter ideolóxico destas reformas persegue un único obxectivo, acernar as liberdades democráticas para acalar a protesta social e o exercicio desas liberdades fronte ás políticas de recortes, restritivas e antisociais. Debido a este retroceso das liberdades públicas e das vías de participación democrática, CCOO e UGT, continuando coa campaña iniciada xa hai un ano, convocaron as mobilizacións celebradas hoxe en toda Galicia.