A Mocidade coa língua. Fene 09

A Mocidade coa língua. Fene 09

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival “A Mocidade coa língua” chega a Fene coa mesma ilusión de todos os anos. Os grupos formáronse nos institutos, todos son alumnado ou ex alumnado dos centros escolares. Hai rapaces e rapazas, algúns estudan música, outros tocan de orella, para eles é unha oportunidade. Todos e todas cantan en galego para demostrar que a mocidade está do lado da sua língua. Todos eles son protagonistas xunto ao grupo convidado, "Som do galpo

A mocidade, a que gosta da música, agarda impaciente o Festival da mocidade coa língua,  que este venres amosa o bon facer dos alumnos e ex alumnos dos centros da Xunqueira e o IES de Fene. Cinco grupos presentan as suas cancións dende as 8 da tarde na Praza do Ameneiral.

O edil de Cultura, Edgar Vigo, amosabase orgulloso de que Fene manteña este Festival que empezou hai moitos anos a sua andaina en Ferrol por iniciativa das equipas de normalización linguística e que hoxe se celebra só en Fene.

Son cinco os grupos seleccionados para actuar o venres, a razón de media hora cada un. Algúns fanno por primeira vez, como é o caso dos “Fenéticos” que naceron no instituto de Fene este mesmo curso. Tocan Pop. Os compoñentes son Xano, Leo e Laura, Félix, Laura e Rubén.  
Tamén tocan pop-rock os

“Arredemo” formado no IES de Fene e no que están Samanta Castro e Rocío Malpica nas voces, con Diego González Félix Freire, Juan Ramón Pena e Ricardo Varela.  

“Membrillo Fanegas” son tres músicos do IES Fene, JaviLamas, Joaquín Ayala e Nacho, que gravan maqueta e nos ofrecerán probablemente as cancións máis graciosas do certame.

“The Chonis” con nome moi ferrolano, tocan mestizaxe, proveñen do CPI A Xunqueira. Arantxa Pena e Iago Hughes poñen as voces e este último as letras. Ademais están Adrián López, Miguel lamas, Hugo Martínez, e Mon.  

“Julian Ross”, capitaneado por Ernesto Martínez  un veterán deste encontro da Mocidade coa Língua, son un grupo Indie-pop. Este mes sacará un libro- disco na editorial Cumio. Un poema de Curros aparece no repertorio.
 

O concelleiro de Cultura de Fene, Edgar Vigo,  resaltou a valía e a calidade dos grupos. O grupo convidado nesta edición é o compostelán “Som do Galpóm” que pechará o festival contra as 11 da noite.

Sociedade