ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Fenéticos, Arredemo, The Chonis, Membrillo Fanegas e Julian Ross foron os grupos musicais protagonistas dunha nova edición do Festival A Mocidade coa Lingua, que concluiu coa actuación dos convidados, o Som do Galpom. O público asistente calificou como interesante a iniciativa.
Segundo o concelleiro de Cultura de Fene Edgar Vigo, malia a súa xuventude -e nalgúns casos inexperiencia- en xeral os grupos do IES de Fene e do CPI A Xunqueira amosaron un bo nivel nesta nova cita de A Mocidade coa Lingua.
Amais de pasalo ben, desfrutando da música e do encontro cos amigos, en xeral os rapaces/as que acudiron ao Festival A Mocidade coa Lingua valoraron de xeito positivo a iniciativa no senso de que permite promocionar aos grupos locais á par que se lles anima a cantar en galego.O Festival celebrouse na noite do venres 8 de maio na Praza do Ameneiral en Perlío Fene (A Coruña).