Moda con futuro

Moda con futuro
24 de Marzo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Moda e ecoloxía poden ir da man. Nese obxectivo traballan no Grao en Xestión Industrial da Moda do Campus Industrial de Ferrol. O que lle valeu un recoñecemento á Facultade de Humanidades e Documentación. Acaba de gañar o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento concedeulle o galardón na categoría de Ensinanzas Universitarias a unha proposta do Grao en Xestión Industrial da Moda que coordina a profesora Patricia Muñíz.

ESCOITA O PODCAST:

“A moda é algo que nos involucra a todos, toda a sociedade participa a través do consumo e cada vez somos máis conscientes de que é unha das máis contaminantes e que vulnera dereitos dos traballadores”, declara a profesora Muñíz. Máis de 150 estudantes de 2º curso teñen participado na iniciativa nos tres últimos cursos. “Traballamos todo o primeiro cuadrimestre con reciclaxe de prendas, potenciando o consumo responsable”. Este venres, ás 11 horas, recibirán o galardón en Santiago de Compostela. Un premio que supón un recoñecemento e un estímulo. “Este é un grao que sempre apostou por isto, pola sostenibilidade, hai asignaturas concretas diso e de xeito transversal somos moitas as materias que estamos introducindo a sostenibilidade e o comercio xusto, penso que é algo que temos que facer en todas as materias de todas as carreiras, non hai outra forma”, explica.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora