A moda de San Valentín

A moda de San Valentín
30 de Agosto, 2022 - 09:38 h. | Publicada por Radio Fene

O barrio de San Valentín en Fene é a imaxe dunha das campañas de moda de Pull & Bear, unha das marcas de Inditex.  A multinacional da roupa realizou unha completa sesión de fotografías na que se distinguen con claridade as rúas e vivendas da zona. Chuvasqueiro técnico combinado, sudadeira cómic, xersei punto rombos son algunhas das prendas que a empresa de Amancio Ortega vende apoiándose nas imaxes de San Valentín.

San Valentín. Fene

Ademais das vivendas e das rúas, aparecen tamén nas fotografías o colexio e o pavillón da Xunqueira. As imaxes puideron verse na App de Pull & Bear. Non se desbota que as fotografías de San Valentín poidan utilizarse en novas campañas de moda. Zara, Stradivarius e Pull & Bear (marcas todas do grupo Inditex) son algunhas das webs do sector textil con máis tráfico no mundo. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora