Modelos igualiños para probar a realidade

Modelos igualiños para probar a realidade
21 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Poden revolucionar a Industria. Tamén outros campos como a Medicina. Os xemelgos dixitais, unha innovación en desenvolvemento da que nos falou o especialista en contidos tecnolóxicos Iago Varela. 

ESCOITA O PODCAST:

“O uso máis estendido é na industria, sobre todo no mundo do deseño, da enerxía e tamén na Medicina. Neste caso, pódense crear modelos 3D de órganos ou tecidos sen ter que invadir o corpo humano”. Serven para facer simulacións do funcionamento dun obxecto en diferentes circunstancias. Tamén para predicir avarías e optimizar o seu funcionamento. “Para crear un modelo virtual precisamos datos, software e refinamento”, sinalou Iago. Crealos é custoso, pero a larga suporán aforro de cartos e tempo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora