ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Moeche e a Axenda 2030 foron protagonistas esta mañá na programación de Radio Fene Radiofusión. Desde o colexio San Ramón emitiuse en directo un programa de tres horas de duración no que escoitamos a representantes da mundo escolar, social, económico e institucional que nos contaron como é a vida no municipio e como afrontan os retos fixados na Axenda 2030.
“Procuramos desenvolver proxectos que teñan que ver co desenvolvemento sostible, coas enerxías limpas, e sobre todo coa xente maior e coa infancia”, manifestou a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, que explicou as medidas que desenvolve o Concello para a aplicación da Axenda 2030.
Alumnos e profesorado do centro escolar falaron do proxecto educativo do colexio no programa “Moeche a pola Axenda 2030”. Expuxeron, por exemplo, o resultado dun dos proxectos educativos que realizan. Un estudo sobre a micro-toponimia do concello. Tamén tivo protagonismo o Xeo parque Cabo Ortegal. A concelleira e deputada provincial Cristina García destacou a difusión que significa para os recursos de Moeche. Da recuperación de tradicións populares falounos a Asociación de Labacengos. Foron algúns dos moitos protagonistas que pasaron polo programa especial de Radiofusión dedicado a Moeche e a Axenda 2030.
Publica o teu comentario agora