ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Paso decisivo en Moeche para a Comunidade Enerxética constituída neste concello. Xa rematou a instalación fotovoltaica que dará servizo á Comunidade Enerxética. Falamos do tema coa alcaldesa, Beatriz Bascoy.
Moeche situase na vangarda comarcal na transición enerxética. É o primeiro concello de Ferrolterra cunha Comunidade Enerxética que ten executada unha instalación fotovoltaica. Logrouno logo de acadar a declaración de Concello piloto de Comunidade Enerxética Rural, o que lle permitiu obter financiamento europeo para investir na instalación fotovoltaica. Con ela xa instalada e próxima a entrar en funcionamento faise visible a eficacia dunha Comunidade Enerxética, que naceu impulsada polo Concello e grazas decisión dun grupo de veciños e veciñas que apostaron por este medio para subministrarse de enerxía con fontes alternativas, o que lles permitirá obter aforros económicos ao tempo que se favorece o medio ambiente.
Publica o teu comentario agora