Moi bo equipo e moi reforzado

Moi bo equipo e moi reforzado
18 de Febreiro, 2022 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños – Cedeira. Domingo 20 as cinco da tarde no campo do Pote. Arbitro, Pablo Carballal. O Maniños encabeza a clasificación da Primeira Galicia de fútbol con 32 puntos. Lévalle 8 de vantaxe ao cuarto clasificado. O Cedeira é un moi bo equipo, moi reforzado nesta tempada, lembra o técnico do Maniños Pablo Mesa. Na mesma categoría, Perlío – O Val. Domingo ás catro e media da tarde no campo dos Pinares. Pita o colexiado Martin Zakaryan. Enfróntanse o cuarto e o  quinto clasificado, dous equipos empatados a 24 puntos. Tamén empatado está o Sporting Ciudad. Quedan catro xornadas e todos queren meterse no grupo do ascenso. O Val é un rival solvente, para o míster do Perlío Chechu Piñeiro.

Fotografía Xan Xe

Segunda Galicia

Barallobre  - Meirás. Domingo ás catro da tarde no campo do Ramo. Dirixe o encontro Edgar Fraga. O Meirás leva cinco partidos sen coñecer a derrota. Queren aínda engancharse ao grupo de ascenso, segundo advirte o adestrador do Barallobre Óscar Varela.

Maniños B- Amistade de Meirás. Domingo ás doce e cuarto do mediodía no campo do Pote. Aínda que o seu obxectivo primordial é formativo, o adestrador do Maniños B recoñece que sería bonito clasificarse na terceira posición e pasar ao grupo do ascenso. É bonito pero complicado, segundo Manuel Freire. O adestrador terá que facer un puzzle para facer o reconto no adestramento desta tarde o número de efectivos para completar a convocatoria con xogadores do equipo xuvenil. Ao Amistade de Meirás coñéceno bastante ben. 

Deportes

Publica o teu comentario agora