ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Un partido intenso e disputado ante un moi bo equipo, nunha calorosa mañá de domingo”, resumiu o adestrador do Perlío, Rafa Afonso. Perlío 0-2 As Pontes, na Terceira División Galega de Fútbol feminino.

Deixou boa imaxe o Perlío. Non se deixou amedrentar e competiu ata o final. No comezo do partido as rivais “imprimiron ritmo de xogo moi alto, na segunda metade as cousas estiveron máis parellas, pero chegou o mazazo do segundo gol”. Iso si, o Perlío non se deixou amedrentar. Recoñece o mérito das Pontes o técnico do Perlío pero destaca que o seu equipo pelexou. “Gustoume a reacción do equipo, pese ao marcador adverso intentouno ata o final”.
Publica o teu comentario agora