Moi boas sensacións

Moi boas sensacións
03 de Decembro, 2018 - 01:58 h. | Publicada por Radio Fene

Con moi boas sensacións rematou o adestrador do Maniños B José Manuel Freire o partido disputado no campo do Cadaval diante do Estrella. “Demos un paso adiante e empezamos a competir desde o minuto un” salienta o “mister”.

 

ESCOITA O PODCAST:
Estrella 1 - 0 Maniños B

Non cedeu a iniciativa o filial do Pote e sentiu a necesidade de atacar, chegando en varias ocasións con perigo á meta rival. Catro xogadores participaron co equipo xuvenil o sábado e repetiron partido o domingo, polo que o equipo chegou canso ao remate do encontro. Estrella 1 – 0 Maniños B. Segunda Galicia de fútbol.

Deportes

Publica o teu comentario agora