Moi competido

Moi competido
17 de Abril, 2023 - 02:39 h. | Publicada por Radio Fene

“Tiñamos case tres puntos e quedamos con un”. Na Segunda Galicia saldouse con empate o Capela 1-1 Maniños B. Nun partido moi competido e con moita calor, destaca Michel Rodríguez, técnico do Maniños B. "Facía tanta calor onte as catro da tarde para xogar ao fútbol que mesmo tivemos que facer unha parada técnica para beber". 

ESCOITA O PODCAST:

“Tivemos moitas ocasións pero non pechamos o partido, adiantámonos nunha xogada moi ben realizada desde a portería, en catro toques puxémonos arriba e Aitor finalizou, pero non pechamos as outras ocasións e ao final escaparon dous puntos”.  Superaron un penalti pero “na última xogada do partido unha falta discutida e nos empataron”, explica o adestrador que felicita a Carlos, exxogador do Maniños, agora no Capela, que volveu ao campo logo dunha longa lesión e mándalle ánimo a Xavi, xogador do Maniños que “volvía onte, parecía recuperado pero tivemos que cambialo porque segue coa lesión”. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora