Moi contentos

Moi contentos
18 de Maio, 2026 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

“Custounos chegar”, pero saíronlle as contas ao Perlío B. Na Segunda Galicia, pechouse a Liga con vitoria nos Pinares. Perlío B 4-0 Mandiá. 

ESCOITA O PODCAST:

“Como a eles lles valía o empate, non tiveron présa, xogando repregados, nós tirando de paciencia, intentando crear ocasións -poucas na primeira parte- na segunda conseguimos telas e materializalas”, describe así o partido o adestrador Gonzalo Beceiro. “Moi contentos por manter a categoría é moi importante para o club e para que os rapaces sigan medrando”, explica Beceiro, que se felicita tamén polos éxitos do resto de equipos do Perlío.

Deportes

Publica o teu comentario agora