Moi importantes

Moi importantes
09 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños fíxose cos tres puntos en Meicende no tempo de desconto. Sporting Meicende 0-1 Maniños. Xornada 26 da Segunda División Galega de Fútbol feminino. 

ESCOITA O PODCAST:

“Sabíamos que ía ser un partido moi complicado, van penúltimas e queren saír da zona de descenso”, di a adestradora Noelia Leiras. O partido tivo distintas fases. “Nos dez primeiros minutos estivemos moi despistadas. Despois pasamos a estar organizadas, tendo o balón. A primeira parte foi bastante igualada. Saímos na segunda moi enchufadas, ben organizadas e co balón, pero seguimos sen acerto. A dez minutos do final decidimos ir a presionar”, relata a técnica. A punto de acabar o partido chegou o gol de Andrea Bellón. No tempo de desconto,“quedaba un minuto, pitan fóra de xogo, rouba Andrea e son tres puntos moi importantes”.

Deportes

Publica o teu comentario agora