Moita axuda para as mulleres

Moita axuda para as mulleres
27 de Maio, 2022 - 12:42 h. | Publicada por Radio Fene

“A monitora vainos ensinando ferramentas e ti as adaptas á túa persoalidade, por iso o espazo de encontro entre mulleres Indira axudoume a medrar como persoa” manifesta Clara Ureña unha das participantes no curso que se imparte todos os xoves na Casa da Cultura de Fene. Para outra das mulleres, Luz Martinez Vera, “alí fálase con confianza respecto e non se xulga a ninguén, eu espero os xoves como auga de maio”.

ESCOITA O PODCAST:

O obradoiro Indira está aberto para a participación das mulleres interesadas. Poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fene.

Na imaxe, Luz Martínez Vera, Pilar Couce, Clara Ureña e Naiara González.

Sociedade

Publica o teu comentario agora