Moita calor, pouca intensidade

Moita calor, pouca intensidade
17 de Abril, 2023 - 02:22 h. | Publicada por Radio Fene

 Dous equipos que non se xogaban nada nun partido condicionado pola calor. Factores que explican un encontro de baixa intensidade, explica o adestrador do Maniños, Pablo Mesa. Na Primeira Galicia de fútbol, Maniños 2 - 0 Boimorto.

ESCOITA O PODCAST:

“Sempre que gañas estás contento, pero foi un partido entre dous equipos que practicamente non se xogaban nada e iso notouse na intensidade do encontro”, indica o técnico. Motivación e calor condicionaron o encontro. “Viñamos duns días con chuvia e baixa temperatura e o domingo ás doce facía unha calor incrible, iso fixo que non fose un partido dun ritmo alto. Era complicado tanto para os nosos xogadores como para eles”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora