Moita demanda de grelos

Moita demanda de grelos
19 de Xaneiro, 2022 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

“Subiron os prezos con respecto ao ano pasado”. “Agora empezan a demandarse os grelos e chegan tamén as fresas que están moi ricas e andan arredor de 5 euros o quilo” indica Dolores Vilar, da froitería O Rincón, na estrada da Fraga en Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

“Clemenvillas, laranxa e mangos” son algunhas das froitas que teñen máis saida no seu establecemento de Fene. “As mandarinas andan arredor de dous euros e pico” afirma Dolores. A provincia da Coruña pechou o ano 2021 cunha subida do 6,5 % do IPC, un aumento menor que no conxunto de Galicia. A cifra é similar á de Lugo, mentres que en Ourense e Pontevedra o incremento dos prezos alcanzou o 7%.

Sociedade

Publica o teu comentario agora