ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Moita participación rexistrouse no acto de memoria histórica democrática celebrado na tarde do sábado 10 de xaneiro de 2026 na Agrupación Instrutiva de Caamouco en Redes (Ares). No coloquio evidenciouse a preocupación por difundir o coñecemento da pobreza, fame, exilio e emigración que viviu Galicia durante a ditadura de Franco. Tamén se abordaron os sucesos do Pazo do Piñeiro en 1936.

A cita incluiu a presentación do libro de banda deseñada A morte nas fragas, que aborda a resistencia na Galicia rural entre 1936 e finais da década dos 50. Tamén se proxectou o documentario Os fios da memoria que narra a pescuda de Constantino Rico e Maite López, sobre a realidade da posguerra nas súas familias. Organizou Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Agrupación Instrutiva de Caamouco. Presentou o acto Daniel García e falaron Anxos Garcia Fonte, Carlos Sardiña e Henrique Sanfiz.
Publica o teu comentario agora