ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O colexio Centieiras de Perlío (Fene) celebrará mañá mércores o seu magosto. Coincidirá co Samain e co dia do Peón. As familias están convidadas a castañas e a un chocolate quente dende as doce do mediodía. Asarán vintecinco quilos de castañas na panadería O Cruce de Maniños e cinco quilos no recinto escolar. Solicitan axuda a nais e pais para picar as castañas desde as catro desta tarde. Hai que ir cun coitelo pequeno, advirten.
Tamén a Jorge Juan celebra mañá mércores o Samain. Haberá túnel do terror, desfile de disfraces, degustación de castañas e mercado organizado por cuarto da ESO. En Sillobre andaina do medo e obradoiro de cabazas este xoves trinta e un de outubro. As actividades comezarán ás seis e media da tarde no local da Sociedade Agarimo.
As castañas, un produto natural, pódense adquirir nas froiterías de Fene. A Lela, Eurolider e Agronuquel ofrecen froitas e legumes desta época do ano. En Agronuquel véndese o quilo de castañas a 4,70 euros. Un prezo similar en A Lela. Chegarán as castañas da Capela mañá mércores. Este ano non hai moita castaña. A produción viuse reducida polos temporais, pero a calidade é boa, ao diminuír os fungos que outros anos atacaban máis.
En Maniños, O Pote programa o magosto para o venres oito. Un día máis tarde, magosto en Barallobre. A Liga de Amigos en colaboración coa ANPA do Ramo programa un obradoiro de cabazas para a rapazada e xogos de mesa. Para participar hai que levar unha cabaza, unha culler, un pano da cociña e os adornos que se queira poñer. Hai que inscribirse ou mandar unha mensaxe ao 624657474. Comezará ás once da mañá. E xa pola tarde, castañas asadas e liscos. Actuará o grupo de canto da Sociedade presentando a nova tempada. En Barallobre o sábado nove de novembro.
Publica o teu comentario agora