Moitas claudias

Moitas claudias
16 de Xuño, 2021 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas claudias hai este ano. O froito da claudieira está emparentado coa ameixa ou cirola. A claudia ou ambruíña e unha variedade doce e de cor entre verde e amarela. Tamén son da familia, o fatón, o mirabel, abruño ou ameixa brava e o cerollo. En Sillobre levan tres ou catro semanas comendo claudias. Unha pola da súa claudieira de 20 centímetros de diámetro e unha lonxitude de metro e medio deulle 104 froitos, a Antonio Carballido Cazás. Quedará para esta froita, aproximadamente unha semana, xa que en canto veña un pouco de vento, caerán da árbore, e "acabouse".

ESCOITA O PODCAST:

Fene na memoria. 15 de xuño de 2021.

http://173.255.131.18/audio/150621PAZ.mp3

Cazás participou no programa Fene na memoria. Lembrou a Sito Sedes, vocalista e músico que foi veciño de Sillobre, onde conserva moitos seguidores. El leva 55 anos en Sillobre un lugar onde sempre houbo grandes festas, a romaría de San Ramón, Santa Mariña e o Corpus ou San Pedro. 
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora