Moitas merendas na romaría do Pote

Moitas merendas na romaría do Pote
24 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas merendas concorreran este ano á romaría do Pote de Maniños. Segundo o presidente da asociación organizadora, numerosos grupos teñen xa marcado nos arredores do local social o espazo que ocuparán este domingo. 

ESCOITA O PODCAST:

O presidente da asociación O Pote Javier Rodriguez fala do programa da romaría deste 2024:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230824RODRIGUEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

As doce e media comezaran as actividades co espectáculo do mago Dani Polo. A asociación O Pote encargarase logo de preparar e servir unha degustación de mexillóns. Ademais haberá durante todo o dia un  posto de polbo á feira, unha iniciativa moi ben acollida na parroquia, segundo o presidente do Pote.
Romaría do Pote. Este domingo en Maniños. Lenda Ártabra e Maravalla Folk actuarán a partir das nove da noite. Antes as sete actuará a banda de gaitas Airiños de Fene. ola mañá o mago Dani Polo co espectáculo Inefable. Haberá mexillóns e polbo no campo da festa. Foi a primeira gran romaría laica da comarca,organizada pola asociación O Pote desde 1933.

 

Na imaxe, romaría do Pote 2023.

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora